viernes, 29 de marzo de 2013

IPADS NO 2º CICLO DE PRIMARIA

Este ano temos a sorte de poder contar cun  carro de 25 IPADS durante catro horas e media á semana. A nosa tarefa planificámola do seguinte xeito:


Comenzamos mirando o correo, a nosa conta de PONTEDOSBROZOS. ORG. Sempre pode haber algunha novidade ou algún correo interesante ao que haxa que contestar.



Unha vez que estamos no correo abrimos GOOGLE DRIVE. Ahí temos unha carpeta con todos os nosos traballos  e que a compartimos coa profe. Cando facemos unha tarefa, subímola a DRIVE e así pode a profe pode  revisala na casa.


Unha vez que isto xa está comprobado pasamos á tarefa central: creación de contos, cómics,... gráficas, tablas,  investigación, consulta, postais, ilustracións... Para isto empregamos a APP PAGES, TOOTASTIC,  STRIP DESIGN,HOTO COMIC,  PUPPET PALS, SYNC SPACE, DOODLE BUDDY,... Nos seguintes POST iremos vendo cada unha delas!!!

Para rematar sempre temos un tempo de xogo e descubrimento de novas APPS: Didakto, Letris, NumLet, PUZZLES, Dónde está?, Quiz CApitals, Memory, Maths trainer, Math board, Play Tales,...


No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada