Empezan a saír as nosas Historias dos castros feitas coa APP, PUPPET PALS cos Ipads. O alumnado escribe a historia, saca as fotos precisas para os decorados e os personaxes e logo cada un escolle ás persoas que os van interpretar.
É un traballo moi divertido, e os resultados creo que están moi ben!! Que empecen a tremer os grandes guionistas e directores de HOLLYWOOD!!!
JAVIER E A TRAXEDIA DO CASTRO DAS CROAS- ARMENTÓN
LAURA E CHUNGA E CHUNGO VAS AO BOSQUE
JAIRO E O DESCUBRIMENTO DO CASTRO
CARLOS E O CASTRO DE RIBA DO MONTE
Temos que dar as grazas ás mamás por colaborar tanto facendo as vestimentas apropiadas da época.